Noticias

27
Out

Xa están dispoñibles as inscricións para os obradoiros formativos do II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos dos Servizos Públicos de Saúde!

O II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos dos Servizos Públicos de Saúde está á volta da esquina e as inscricións para os obradoiros formativos xa están dispoñibles. Estes obradoiros terán lugar o 30 de novembro no edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Tes a oportunidade de inscribirte en dous dos nove obradoiros dispoñibles. Un deles no turno da mañá (13.00 horas) e o outro no turno de tarde (15.30 horas). Debido á limitación de prazas, recomendámosche que selecciones catro cursos por orde de preferencia para garantir a túa participación nesta xornada de formación e networking.

A oferta de obradoiros abrangue unha ampla gama de temas relacionados coa igualdade e os recursos humanos nos servizos públicos de saúde. Estes cursos son unha oportunidade única para adquirir coñecementos especializados, intercambiar ideas con expertos no campo e establecer contactos con colegas.

Para anotarte simplemente debes acceder á túa área persoal nesta mesma web e aí atoparás a sección correspondente.

Se desexas obter máis información sobre o II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos dos Servizos Públicos de Saúde, incluíndo os obradoiros e como inscribirte, podes poñerte en contacto connosco a través do correo electrónico: congreso@eusyan.com ou chamar ao teléfono 881080430.

Detalles dos obradoiros formativos:

  • Data: 30 de novembro de 2023
  • Lugar: Edificio Fontán, Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
  • Turno de Mañá: 13:00 horas
  • Turno de Tarde: 15:30 horas
  • Obradoiros con límite de prazas
  • Duración de cada obradoiro: 50 minutos

Oferta formativa:

O ESTRÉS, O MEU AMIGO. O DISTRÉS, O MEU INIMIGO (Sala 1)
A través dunha formación experiencial, achegarémonos ao coñecemento do estrés como aliado para cumprir obxectivos e potenciador do noso día a día. Traballaremos na prevención e o afrontamento do distrés a través de ferramentas prácticas de Intelixencia Emocional e Felicidade, Mindfulness e Atención Plena. Facilitadora: Silvia Estevez. SUMASET.

XESTIÓN DO CAMBIO (Sala 7)
Cun enfoque participativo, coñeceremos as bases da xestión do cambio nunha organización e da motivación das persoas para que sexan aliadas dese cambio, coidando ao mesmo tempo do noso propio equilibrio emocional diante das crises para saber responder en lugar de reaccionar. Ademais, traballaremos cunha potente ferramenta que nos permitirá poñer en práctica todo o anterior: o relato do cambio. Facilitador: Daniel Álvarez Lamas. INSTITUTO BEN PENSANTE. Trainer de ICC.

RECEITAS PARA UNHA VIDA MÁIS DIVERTIDA (Sala 13)
Participaremos nun taller práctico de risoterapia para comprender os beneficios físicos e psicolóxicos do riso e do bo humor como un recurso vital, sempre ao noso alcance. Faremolo aprendendo exercicios específicos de risoterapia e practicando dinámicas transferíbeis a situacións laborais para que poidamos navegar mellor polas nosas emocións desagradables, como a frustración, o enfado, o estrés.Facilitadora: Renata Otero. Coach especialista en crecemento persoal e intelixencia emocional.

LIDERAS OU XEFAS? MARCA A DIFERENZA (Sala 6)
Neste taller, o obxectivo é cuestionarnos sobre a importancia de xerar un liderado que teña como obxectivo conseguir un impacto positivo no valor e influencia da organización e nos seus grupos de interese. Tamén aportaremos ferramentas de liderado para inspirar aos nosos colaboradores máis próximos no noso entorno laboral e traballaremos na comunicación dunha forma dinámica e vivencial para que poidamos conectar e mover á acción ás persoas que nos rodean. Facilitadora: Marta Salazar. NEW THINKING COMPANY. Coach Empresarial e Executivo.

¿COMO MOTIVAR AO TEU EQUIPO? (Sala 5)
A través de dinámicas participativas, comprenderemos as bases do liderado nas organizacións sanitarias, os perfís laborais, a motivación e a comunicación organizacional. Concretamente, prestaremos unha atención especial ao feedback (ou retroalimentación) e poremos en práctica algunhas técnicas para aplicar no día a día cos nosos equipos de traballo que poden axudar a mellorar a súa motivación e rendemento. Facilitadora: Pilar Casals. INTHEMOVE. Consultora de RSE, xestión do cambio e innovación social.

CREA RELACIÓNS QUE FUNCIONAN A TRAVÉS DA METODOLOXÍA DISC (Sala 3)
Traballaremos coa metodoloxía DISC para facilitar estratexias sinxelas que nos axudarán a tomar consciencia das tendencias de comportamento naturais propias e doutros e a comprender a diferenza entre “como me vexo” e “como me poden ver”. Tamén adquiriremos pautas sinxelas de comunicación/actuación que nos permitirán entendernos mellor cos demáis e obteremos unha visión xeral e clave do noso equipo, o que contribuirá a comprender aspectos fundamentais para poder desempeñar un liderado eficaz (en resultados e relacións). Facilitadora: Eva Muñoz. Consultora certificada en comportamento humano DISC. Coach de equipos e en Neuro-Liderado.

COMUNICACIÓN E EMPATÍA (Sala 11)
A comunicación empática permítenos recuperar unha conexión real connosco mesmos e cos demáis. Cun enfoque de “comprender e aprender facendo”, adquiriremos unha maior comprensión das nosas emocións e necesidades, así como ferramentas que faciliten a autoconsciencia persoal para mellorar a nosa comunicación e empatía cos demáis, experimentando a importancia e as vantaxes de aplicar a intelixencia emocional no noso entorno profesional (e, por suposto, no persoal). Facilitadora: Lara Arribas. Psicóloga Social. Coach de vida e equipos.

UNHA MIRADA ATENTA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO (Sala 2)
Esta dinámica gamificada ten como obxectivo reflexionar sobre a detección e intervención en casos de violencia machista nos servizos de urxencias para mellorar a capacitación dos profesionais sanitarios. Nela coñeceremos o caso de seis mulleres… conseguiremos detectar correctamente cal é a máis susceptíbel de sufrir violencia de xénero? Para iso será imprescindíbel comunicarse, consensuar e debater para acadar o obxectivo. Facilitadora: Ana Castañeda. Membro do grupo de igualdade del ICS.

DIXITALIZACIÓN PARA A CONCILIACIÓN, IGUALDADE E XESTIÓN DE PERSOAS (Sala Cristal – Acceso libre)
Neste taller, co formato dunha mesa de debate con casos de éxito, coñecerás que a dixitalización de procesos de xestión cobra todo o seu sentido se serve para mellorar a vida das persoas, sobre todo en tempos con dificultades para atraer e fidelizar profesionais. Ao mesmo tempo, para a Dirección é imprescindíbel dispor de indicadores e ratios que permitan optimizar recursos e tomar decisións. Combinar ambos obxectivos é posíbel e neste taller axudámosche a tomar conciencia do impacto do proceso de xestión de coberturas e a facer un diagnóstico para a túa propia organización… aceptas o reto? Facilitadores: Carles Ger, CEO de Global Planning Solutions. Miguel Pineda, Manager Consultoría de Global Planning Solutions.

PIT STOP: BAIXA AS TÚAS REVOLUCIÓNS (Sala 9/10 – Acceso libre)
O pit stop é a parada que fan en boxes os coches de Fórmula 1 para facer calquera cambio, reparación ou axuste.
Imos entrar en boxes 45 minutos para recalibrar as nosas actitudes con nós mesmos e coas persoas do noso entorno. Neste Obradoiro adestraremos ferramentas para mellorar as nosas relación cos demais e sentirnos mellor. Atréveste a entrar en boxes?

Facilitadora: Sonia Rodil. Psicóloga. Servizo de Saúde mental e do Servizo de PRL do Sergas