Comunicacións

DEFENSA DE COMUNICACIÓNS

ÁREAS TEMÁTICAS

RRHH E XESTIÓN ASISTENCIAL
Transformando as organizacións sanitarias ante os novos retos.

  • Experiencias eficaces na xestión das unidades asistenciais e equipos
  • Experiencias asistenciais de éxito no ámbito da enfermería, especialmente en atención primaria.
  • Programas o proxectos dirixidos á mellora das competencias profesionais e desenrolo profesional ante novas técnicas ou unidades asistenciais ou ámbitos como o de territorios que sofren despoboación.
  • Novas perspectivas no sector saúde e formas de abordala con propostas audaces: captación do talento en unidades específicas (ex. CART), retención do talento en unidades especiais polos coidados ou técnicas. Propostas para relevo masivo de profesionais; novidades en políticas de emprego, selección, provisión e promoción; cambios nas condicións laborais tradicionais, e propostas innovadoras no marco xurídico para afrontar novos retos.
  • Diálogo social: exemplos de consenso

IGUALDADE E BENESTAR
Humanizando dende dentro a sanidade e o coidado da saúde mental de profesionais

  • Execución de plans de Igualdade, políticas de integración e diversidade así como medidas de mellora da convivencia.
  • Programas innovadores de liderado, mellora do compromiso coa organización sanitaria e programas transformadores del liderado nas institucións e políticas de impulso e promoción do persoal a postos de responsabilidade.
  • Plans de comunicación interna e externa. Como afrontar as dificultades de comunicación .

Premios

Haberá 4 premios. As categorías se corresponden coas áreas das comunicacións:

RRHH E XESTIÓN ASISTENCIAL

  • Recursos humanos, desenrolo profesional e xestión de persoas.
  • Xestión asistencial e organizacional.

IGUALDAD:

  • Igualdade e violencia de xénero
  • Humanización, saúde mental e prevención de riscos laborais

Só reciben premio as comunicacións xa que os pósters se amosarán nas pantallas pero non se exporán.

O premio en cada categoría, ademais da mención, será de 200 €.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A ENTREGA DE COMUNICACIÓNS

1- Os resumos das comunicacións poderán presentarse ata o 22 de novembro de 2023, ás 23:59:59 e se enviarán a través da plataforma habilitada

ACCESO ÁREA PRIVADA

O pagamento deberá formalizarse para presentar as comunicacións.

2- Se deberá seleccionar a forma de presentación preferente da comunicación: oral ou póster.

3- Se deberá seleccionar a área temática relacionada coa comunicación:

  • RRHH E XESTIÓN ASISTENCIAL
    • Recursos humanos, desenrolo profesional e xestión de persoas.
    • Xestión asistencial e organizacional.
  • IGUALDADE:
    • Igualdade e violencia de xénero
    • Humanización, saúde mental e prevención de riscos laborais

4- O idioma utilizado será o castelán.

5- No título da comunicación non poderán aparecer datos de filiación, hospital, provincia, etc… e non poderá exceder de 250 caracteres (con espazos).

6- O texto de resumo non terá que superar as 500 verbas. Non se aceptará a inclusión de táboas nin figuras no resumo. Si se empregan siglas ou abreviaturas no texto, se descifrarán a primeira vez que aparezan (entre parénteses).

7- Se deberá ordenar segundo os seguintes apartados:

  • Introdución (con obxectivos)
  • Resultados (con discusión no seu caso)
  • Conclusións.

8- Permitiranse un máximo de 3 traballos por autor e un máximo de 3 autores por traballo.

9- A aceptación da comunicación está supeditada á formalización da inscrición no congreso, como mínimo de un/unha dos/as autores/as.

10- Só se terán en conta os traballos que cheguen a través do formulario da web do congreso. Non se aceptarán traballos recibidos por outros medios (correo electrónico, fax, correo postal…)

11- Todos os traballos deben estar relacionados coas temáticas do congreso.

A presentación das comunicacións implican a aceptación de todas estas normas.
DATA LIMITE DE ENTREGA RESÚMENES: 22 de novembro de 2023, ás 23:59:59.

PRESENTACIÓN DAS COMUNICACIÓNS ORAIS

A presentación da comunicación oral debe cumprir os requisitos indicados a continuación.

  • A presentación deberá ser cargada en formato Power Point ou PDF na plataforma antes do día 27 de novembro de 2023, ás 23:59:59.
  • É condición INDISPENSABLE que un/a dos/as autores/as da comunicación oral ESTÉ INSCRITO/A no congreso.
  • As comunicacións orais contarán cun máximo de 8 minutos para a súa presentación e 2 minutos de discusión.

DESCARGAR PLANTILLA PRESENTACIÓN COMUNICACIÓN ORAL

ESPECIFICACIÓS TÉCNICAS – PRESENTACIÓN COMUNICACIÓN ORAL

  • Ferramenta de creación: Microsoft PowerPoint.
  • Extensión do PowerPoint: 11 diapositivas (10 + carátula) como máximo. Importante: NON debe usar ningunha outra plantilla nin exceder o número de diapositivas.
  • Peso máximo final da comunicación oral (en formato Power Point ou PDF): non superior a 15Mb

E-POSTERS

O póster debe cumprir os requisitos indicados a continuación e deberá ser enviado a través da plataforma de envío de pósteres ata o 20 de novembro de 2023, ás 23:59:59.

  • Unha vez finalizado o deseño do póster proceda a subilo e envialo a través da plataforma.
  • Para que a recepción dos pósters se poidan realizar correctamente, estes deben ser exportados nun arquivo de imaxe (JPG/JPEG).
  • Revise que o tamaño final do arquivo que se xera é aproximadamente de 1890×2495 píxeles (ancho x alto) ou superior. Por favor comprobe que o seu arquivo final ten como máximo 2 mb.
  • É condición INDISPENSABLE que un/unha dos/as autores/as do póster ESTÉ INSCRITO/A no congreso.
  • Unicamente se amosará a versión dixital dos pósters, non será necesario imprimir nada. O póster estará dispoñible para a súa consulta en pantallas dixitais durante o congreso.

DESCARGAR PLANTILLA E-POSTER

ESPECÍFICACIÓNS TÉCNICAS – E-POSTER

Para que as comunicacións enviadas poidan procesarse e amosarse correctamente, deben cumprir os requirimentos técnicos que relatamos a continuación:

  • Ferramenta de creación: Microsoft PowerPoint.
  • Tamaño da páxina de powerpoint: 50 cm de ancho por 66 cm de alto.
  • Peso máximo final da imaxe do póster: non superior a 2mb
  • Tipos de letra aceptados: lexibles e sinxelas; recoméndase o uso de “Arial”, “Tahoma”, “Verdana” e similares por ser tipografías de sinxela lectura a diferentes resolucións. Os tipos de letra como “Times New Roman” ou aquelas que simulan a escritura manual non se visualizan correctamente en certos tamaños, polo que recomendamos que se prescinda do seu uso nas comunicacións enviadas.
  • Tamaños de letra: en xeral, debería de utilizarse un tamaño mínimo de 28 puntos nos textos do póster. En determinados casos nos que deba aparecer letra pequena, o seu tamaño mínimo deberá de ser de 24 puntos para asegurar a lexibilidade da mesma, sempre e cando utilícense as tipografías especificadas no parágrafo anterior. Para os títulos debe de utilizarse letra en tamaño 36 puntos ou superior.
  • Ilustracións: non existe ningunha limitación a este respecto en canto ao tamaño final das ilustracións a incrustar nos pósters, si ben calquera texto ou detalle que nelas apareza e que na composición en PowerPoint sexa menor que os textos de tamaño mínimo do póster (tamaño 24) pode que non se visualice correctamente e non sexa lexible nas pantallas.
  • Imaxes: Recomendamos que las imaxes se reduzan a unha calidade acorde co tamaño da imaxe do póster xa que o tamaño máximo da imaxe do póster é de 2mb.
  • Outras especificacións: Co fin de acadar a máxima lexibilidade nos pósters, recoméndase que se introduzan textos breves, claros e concisos e que se evite introducir parágrafos con letra pequena, así como fondos demasiado fortes (si se introducen imaxes a modo de “marca de auga”, estas deberán estar suavizadas para que o texto sexa lexible sobre as mesmas). Ademais, cada póster debe conter so unha única páxina.