Congreso

II CONGRESO DE IGUALDADE E RECURSOS HUMANOS DE SERVIZOS PÚBLICOS DE SAÚDE

O II Congreso de Igualdade e Recursos Humanos de Servizos Públicos de Saúde busca reunir a persoas con responsabilidades en políticas de persoal, formación , xestión e políticas de igualdade no ámbito sanitario público e privado, nacional e internacional, continuando co camiño iniciado en Barcelona durante o Congreso celebrado fai un ano. Compartimos a filosofía de axuntar obxectivos e ser ademais un punto de encontro de todas as persoas implicadas no sector sanitario dende as distintas administracións públicas e tamén do sector privado, para poñer en común experiencias e desta forma compartida buscar solucións aos retos cos que se enfronta a sanidade do futuro próximo. O Servizo Galego de Saúde, como entidade organizadora deste segundo Congreso, pretende tratar aquelas materias que preocupan e que son condicionantes actuais en sanidade: políticas con perspectiva de xénero e igualdade, benestar emocional do persoal, liderado motivador, experiencias de éxito en atención primaria ou retención do talento. O noso programa é ambicioso e o éxito depende das experiencias e coñecementos compartidos.

Sedes

Centro Galego de Arte Contemporáneo
R. de Ramón del Valle-Inclán, 2

Ver mapa

Mércores 29 de novembro e Venres 1 de decembro

Cidade da Cultura de Galicia
Edificio Fontán

Ver mapa

Xoves 30 de novembro

 

COMITÉ ORGANIZADOR

Presidenta: Ana María Comesaña Álvarez
Directora Xeral de Recursos Humanos, Servizo Galego de Saúde.

Vicepresidenta: Nuria de Castro-Acuña Iglesias
Xefa de Servizo Central de Prevención de Riscos Laborais, Servizo Galego de Saúde.

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria Xeral Técnica, Consellería de Sanidade – Galicia.

Mª Estrella López-Pardo Pardo
Xerente, Servizo Galego de Saúde.

Jorge Aboal Viñas
Director Xeral de Asistencia Sanitaria, Servizo Galego de Saúde.

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora Xeral de Recursos Económicos, Servizo Galego de Saúde.

Sandra Vázquez Domínguez
Secretaria Xeral da Igualdade, Consellería de Emprego e Igualdade – Galicia.

Xavier Saballs Bruell
Director de Persoas, Instituto Catalán da Saúde.

Elena Cámara Gamero
Directora Xeral de Persoal e Desenvolvemento Profesional, Consellería de Sanidade da Xunta de Castela e León.

Iñigo Cortázar Neira
Director Xeral de Recursos Humanos, Servizo de Saúde de Castilla-La Mancha.

Margarita Prado Vaamonde
Subdirectora Xeral de Políticas de Persoal, Servizo Galego de Saúde.

Nieves Fiel Paz
Subdirectora Xeral Desenvolvemento Profesional, Servizo Galego de Saúde.

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Servizo Galego de Saúde.

COMITÉ CIENTÍFICO

Presidenta: Mercedes Castro Seijas
Subdirectora Xeral de Xestión de Profesionais, Servizo Galego de Saúde.

Vicepresidenta: María José Montero Furelos
Subdirectora Xeral de Selección de Persoal, Servizo Galego de Saúde.

Carmen Durán Parrondo
Directora Xeral de Saúde Pública, Consellería Sanidade-Galicia.

Sofía López Linares
Directora Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Consellería Sanidade – Galicia.

Carmen Bustamante Rueda
Directora Xeral de Persoal, Servizo Andaluz de Saúde.

Luisa Larrauri Ereñozaga
Directora de Recursos Humanos, Osakidetza.

Antonio Fernández Campa
Xerente, Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)

Adriana Requeira Pan
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia, Consellería de Sanidade -Galicia.

Ana Sedano Martínez
Directora Xerente, Unió Consorci Formació (UFC)

Javier Fernández Nistal
Director de Recursos Humanos, Área sanitaria de A Coruña e Cee, Servizo Galego de Saúde.

María Cobas Brey
Directora de Recursos Humanos, Área sanitaria de Vigo, Servizo Galego de Saúde.

Celia Saiz Rubio
Directora de Recursos Humanos, Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Servizo Galego de Saúde.

Inés Garrido González
Directora de Recursos Humanos, Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Servizo Galego de Saúde.

Francisco Martínez Otero
Director de Recursos Humanos, Área sanitaria de Ferrol, Servizo Galego de Saúde.

Luisa Sánchez Méndez
Directora de Recursos Humanos, Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Servizo Galego de Saúde.

Manuel Gómez López
Subdirector de Recursos Humanos, Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Servizo Galego de Saúde.

Mario Mosquera Verea
Director da Área de Xestión do Coñecemento e Talento, Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)

Alfonso Alonso Fachado
Subdirector Xeral de Xestión Asistencial e Innovación, Servizo Galego de Saúde.

Mª Sinda Blanco Lobeiras
Subdirectora Xeral de Atención Primaria, Servizo Galego de Saúde.

Lara Mª Otero López
Subdirectora Xeral de Compras e Servizos, Servizo Galego de Saúde.

María Tajes Alonso
Xefa de Servizo de Saúde Mental, Servizo Galego de Saúde.

Vanessa García Chousa
Responsable de Igualdade e Políticas sociais, Instituto Catalán da Saúde.

Nuria de Castro-Acuña Iglesias
Xefa do Servizo Central de Prevención de Riscos Laborais, Servizo Galego de Saúde.

Jose Miguel López Gey
Técnico do Servizo Central de Prevención de Riscos Laborais, Servizo Galego de Saúde.

Ana María Blanco Rodríguez
Técnica do Servizo Central de Prevención de Riscos Laborais, Servizo Galego de Saúde.